|
|
| ¿Qué é Repoblar?
|
Cobertura
|
Servizos
|
||
|
Repoblar, Rede Pontevedra Banda Larga Rural, é a rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER dentro do eixo 5 "Desenvolvemento local e urbano sostible" do P.O. FEDER 2007-2013. Se vives no rural e non tes acceso á alta velocidade, e se queres o mellor precio do mercado, esta é a túa oportunidade. |
A cobertura proporcionada por Repoblar permitirá que ó finalizar o proxecto, o 96% da poboación dos 55 concellos adheridos ó mesmo dispoñan da posibilidade de contratar servizos de acceso a Internet de banda larga. Se vives nas zonas de cobertura marcadas no mapa, xa podes integrarte no mundo da tecnoloxía de banda larga. Tamén podes rexistrarte como demandante do servizo. |
Poden contratarse dúas modalidades de acceso a Internet de banda larga: 1Mb por 17€ ó mes (20,06€ con IVE), e 2Mb por 34€ ó mes (40,12€ con IVE), e tamén existe a posibilidade de contratar servizo de telefonía cunha das dúas opcións anteriores por 6€ máis ó mes (7,08€ con IVE). Chama de balde ó 1632 e informarante das condicións e custos dos servizos. |
||
|
|



