O 98% da poboación de Ulla-Umia terá aceso a internet de banda ancha este ano.

O 98% da poboación de Ulla-Umia terá aceso a internet de banda ancha este ano.

22 NOVEMBRO 2010

O presidente da Deputación presentou onte no auditorio de Valga, acompañado polos alcaldes da comarca, os avances do programa Repoblar que permitirá ao 98% da poboación desta zona ter acceso a internet nas súas vivendas nos próximos meses, ao prezo inicial de 17 euros ao mes.

Segundo explicou Rafael Louzán, Repoblar é unha rede de última xeración coa que a Deputación pretende romper coa “brecha dixital” na provincia de Pontevedra. A súa implantación suporá un “antes e un despois na nosa provincia e nas súas comarcas”, dando novos atractivos ao rural e ofrecendo aos seus cidadáns as mesmas oportunidades.

 

repoblararousa