Presentación do proxecto Repoblar en Ponteareas.

Presentación do proxecto Repoblar en Ponteareas .

18 DECEMBRO 2010

O técnico responsable de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Amancio Varela, acompañado polo deputado provincial e alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, presentou o Proxecto Repoblar de Wimax Rural para os 9 concellos da comarca de Condado Paradanta. Esta iniciativa, que se está despregando por toda a provincia de Pontevedra, permitirá a conexión a internet en todas as zonas rurais onde non chegan as compañías convencionais.

repoblarponteareas

 

 

O técnico provincial explicou que “o prezo deste servizo, 17 euros por 1 Mb de baixada e 384 Kb de subida, está entre os máis baratos de España e permite aforrar case 100 euros ao ano”. Os usuarios, ademais, poden ter teléfono fixo por 6 euros e opción a contratar 2 Mb por 34 euros ao mes. A dada de alta no servizo é de 59 euros (incluída a instalación e os aparellos), aínda que non se esixe compromiso de permanencia algún.

Modificado o (Luns, 07 Febreiro 2011 08:57)