Tecnoloxía Wimax

Wimax son las siglas de Worldwide Interoperability for Microwave Access

É unha tecnoloxía dentro das coñecidas como tecnoloxías de última milla, tamén coñecidas como bucle local que permite a recepción de datos por microondas  e retransmisión por ondas de radio. O protocolo que caracteriza esta tecnoloxía é o IEEE 802.16. Unha das súas vantaxes é dar servizos de banda larga en zonas onde o despregamento de cable ou fibra pola baixa densidade de poboación presenta uns custos por usuario moi elevados (zonas rurais).

 wimaxO único organismo habilitado para certificar o cumprimento do estándar e a interoperabilidade entre equipamento de distintos fabricantes é o Wimax Forum: todo equipamento que non conte con esta certificación, non pode garantir a súa interoperabilidad con outros produtos.

Os perfís do equipamento que existen actualmente no mercado compatibles con WiMAX, son exclusivamente para as frecuencias de 2,5 e 3,5 Ghz como pode comprobarse na base de datos de WiMax Forum.

Existe outro tipo de equipamento (non estándar) que utiliza frecuencia libre de licenza de 5,4 Ghz, todos eles para acceso fixo. Aínda que neste caso trátase de equipamento que non é interoperable, entre distintos fabricantes (Pre Wimax, mesmo 802.11a).

Existen plans para desenvolver perfís de certificación e de interoperabilidadade para equipos que cumpran o estándar IEEE 802.16e (o que posibilitará mobilidade), así como unha solución completa para a estrutura de rede que integre tanto o acceso fixo como o móbil. Prevese o desenvolvemento de perfís para contorna móbil nas frecuencias con licenza en 2,3 e 2,5 Ghz.

Actualmente recóllense dentro do estándar 802.16 dúas variantes:

Un de acceso fixo, 802.16d, no que se establece unha ligazón radio entre a estación basee e un equipo de usuario situado no domicilio do usuario. Para a contorna fixa, as velocidades teóricas máximas que se poden obter son de 70 Mbps cun largo de banda de 20 MHz. Con todo, en contornas reais conseguíronse velocidades de 20 Mbps con radios de célula de até 6 Km, ancho de banda que é compartido por todos os usuarios da célula.

Outro de mobilidade completa (802.16e), que permite o desprazamento do usuario dun modo similar ao que se pode dar en GSM/UMTS, o móbil, aínda non se atopa desenvolvido e actualmente compite coas tecnoloxías LTE, (baseadas en femtocélulas, conectadas mediante cable), por ser a alternativa para as operadoras de telecomunicacións que apostan polos servizos en mobilidade, este estándar, na súa variante "non licenciado", compite co WiFi IEEE 802.11n, xa que a maioría dos portátiles e dispositivos móbiles, empezan a estar dotados deste tipo de conectividad (principalmente da firma Intel).