O Plan Wimax.

O Plan WIMAX da Deputación entrará en funcionamento o 1 de xullo cun prezo máximo para o usuario de 19,90 euros

A Deputación de Pontevedra fixo público no Boletín Oficial da Provincia a contratación mediante procedemento aberto do subministro, mantemento e explotación dunha rede de comunicacións de banda ancha en aqueles concellos adheridos ó proxecto “Wimax Rural Pontevedra”. O presuposto deste concurso ascende a 5,9 millóns de euros cos que se pretende dotar de servizos de calidade para o acceso a Internet ás zonas afastadas dos núcleos urbanos, onde non chegan as operadoras pola falla de mercado.

  Prezos e concellos participantes

O prezo final máximo para o usuario será de 19,90 euros. O proxecto Wimax Pontevedra abarcará a tódolos concellos da provincia, excepto Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Redondela, Cangas, A Estrada e Marín que non se sumaron a él por dispor de sistemas propios de acceso á Banda Ancha.

Presentación de ofertas

O prazo para a presentación de ofertas remata o 3 de xuño. Os interesados deberán presentar os seus proxectos antes desta data no Rexistro xeral da Deputación ou na súa sede en Vigo.

Características do proxecto

Nos pregos do concurso establécese que os servizos mínimos que debe comercializar o adxudicatario do concurso para o usuario final serán dunha capacidade de 1 megabyte de baixada e de 256 kilobytes de subida, cun 20% do caudal garantizado para o acceso básico; e de 2 megas e 512 k para o acceso avanzado.

O subministro incluirá o deseño da rede de acceso, a adquisición e instalación dos equipos que conformarán a devandita rede e a súa integración cunha rede de transporte operada por Retegal (a empresa da Xunta encargada da xestión das infraestructuras e servizos de telecomunicación institucionais da Comunidade Autónoma) que permita ofrecer servizos de acceso de Banda Ancha.

Valoración dos proxectos

A selección dos proxectos realizarse de acordo a dous tipos de criterios: dentro dos criterios non evaluables mediante fórmulas terase en conta a solución tecnolóxica proposta (ata 24 puntos); pilotos e servizos adicionais (ata 8 puntos); plan de despregue (ata 4 puntos); plan de calidade, xestión e continuidade (ata 2 puntos cada un deles); e a metodoloxía, medios técnicos e materiais empregados (ata 5 puntos). En canto ós criterios evaluables mediante fórmulas valorarase: o presuposto (ata 2 puntos); cuota mensual de acceso básico (ata 23 puntos); cuota mensual de acceso avanzado (ata 4 puntos); cuota de alta do acceso básico e avanzado (ata 5 e 2 puntos, respectivamente); compromiso de permanencia do acceso básico e avanzado (ata 3 e 1 puntos, respectivamente); servizo de telefonía (ata 1 punto); cuota do servizo de telefonía (ata 7 puntos); e o servizo wiffi en prazas (ata 5 puntos).