A Deputación adxudica o plan que dará acceso a internet en toda a provincia cunha cuota de alta de 59 euros, unha mensual de 17 e posibilidade de servizo de telefonía por 6 euros ó mes

 

A oferta de Iberbanda posibilitará que nunha praza pública de cada concello haxa servizo Wifi gratuito

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Gabinete de Comunicación
11 XUÑO 2010


A Deputación adxudicou hoxe a Iberbanda-Telefónica a extensión das redes sen fíos do seu proxecto Repoblar (Rede Pontevedra Banda Larga Rural) que, a partir do vindeiro 1 de xullo, dará cobertura, antes de rematar o ano, ó 96% da poboación dos 55 concellos adheridos ó plan.


Trátase do servizo de acceso a internet máis barato de España. O prezo que se consigue, en telefonía, a través deste plan equivale á metade de calquera dos que se ofertan na actualidade.


Datos globais

O proxecto abarca 55 concellos da provincia de Pontevedra (non se adheriron: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, A Estrada, Marín, Redondela e Cangas)

Orzamento: 5.876.400 euros (ive incluido)

Poboación total (dos 55 concellos) 436.281

Poboación con acceso a Banda Larga actualmente 343.057 (78% total)

Poboación obxectivo (Zonas brancas) 93.224

Poboación obxectivo cuberta 74.219

Poboación cuberta non obxectivo 252.867

Poboación con acceso a Banda Larga despois da actuación 417.276 (96% total)


Este proxecto dará cobertura a un total de 327.086 persoas na provincia.

Para dar estas coberturas utilízanse: 21 emisores de Retegal; 3 torres de polígonos industriais propiedade da Xunta de Galicia; 23 micro-emisores de televisión (propiedade dos concellos, comunidades de montes,…etc); e 5 torres de nova construción

Ademais destes servizos Iberbanda ofrece outros servizos adicionais entre os que destacan: Servizo wi-fi gratuíto que se vai a ofertar nunha praza pública de cada un dos concellos incluídos no plan, segundo os condicionantes marcados pola CMT para este tipo de servizo e Cobertura en tódolos portos deportivos da provincia e facer probas de cobertura no espazo natural Illas Atlánticas

Comercialización, mantemento e prestación do servizo

Iberbanda será o responsable da comercialización do servizo nas zonas obxectivo; da xestión dos contratos de alta do servizo, así coma tamén da baixa ou modificación do servizo; da facturación dos servizos nas condicións estipuladas ós usuarios; da atención e soporte ós distintos usuarios; da correcta prestación do servizo final ó usuario, sempre baixo a tutela e supervisión da Deputación de Pontevedra. A empresa deberá utilizar tanto o galego como o castelán en tódolos aspectos de comunicación e comercialización.

Información, apoio e asesoramento

Tanto para ós concellos, como para os cidadáns poden obter información a través de varios canais: a web www.repoblar.depo.es ou o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Modificado o (Xoves, 18 Novembro 2010 12:31)