Inagurada a comarca de Pontevedra

A rede “Repoblar”, inaugurada onte en Ponte Caldelas, dará servizo a preto de 40.000 persoas da comarca de Pontevedra o que aumentará ata o 97% a capacidade de conexión a internet de banda larga na zona

15 decembro 2010

O técnico responsable de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Amancio Varela, acompañado polo alcalde do Concello de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, presentou onte en Pontecaldelas o proxecto “Repoblar” (Rede Pontevedra de Banda Larga Rural) de Wimax Rural para a comarca de Pontevedra. Esta iniciativa que se está a despregar por toda a provincia permitirá a conexión a Internet en todas as zonas rurais onde non chegan as compañías convencionais.

Primeiro usuario wimax

O operador de telecomunicacións ó que foi adxudicado o desenvolvemento desta rede é Iberbanda, quen, a través da súa marca “tngo” comercializará os servizos de internet de alta velocidade e telefonía fixa chegando a todas as zonas da comarca de Pontevedra onde outros non chegan. «Repoblar aumentará ata o 97% a capacidade de conexión a Internet de Banda Larga na comarca», confirmou Varela, quen explicou «que isto significa que máis de 40.000 persoas terán en breves acceso á Banda Larga grazas a nosa acctuación».

Cobertura do 97% da comarca 

 

 

Os beneficiarios de Repoblar na comarca de Pontevedra serán os sete concellos adheridos: Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, quedando fóra Pontevedra por xa contar con cobertura de Internet a maioría dos cidadáns.

 

 

1 Mb por 17 euros/mes

O técnico provincial explicou que «o prezo deste servizo, 17 euros por 1 Mb de baixada e 384 Kb de subida, está entre os máis baratos de España e permite aforrar case 100 euros ó ano». Os usuarios, ademais, poden ter teléfono fixo por 6 euros e opción a contratar 2 Mb por 34 euros ó mes. A dada de alta no servizo é de 59 euros (incluída a instalación e os aparatos), se ben non se esixe compromiso de permanencia algún. Outros dos atractivos desta iniciativa é que se habilitará unha conexión gratuíta nos portos deportivos e na prazas públicas dos 55 concellos participantes, mediante tecnoloxía Wi-Fi.

 

¿Cómo funciona?

A rede Repoblar emprega unha tecnoloxía de comunicación sen fíos por ondas de radio (tecnoloxía WIMAX), o que permite o acceso a internet e á telefonía de xeito independentes ás liñas de telefonía convencionais. Para elo, a Deputación empregou 54 emprazamentos (21 de Retegal e 33 de nova construción) que permiten rebotar a sinal a todos os recunchos da provincia.